sábado, 28 de mayo de 2011

"HAI ROCHELA PARA RATO"

O Deportivo da Coruña decidiu dar o primeiro paso na renovación de David Rochela, xogador que alterna entre Fabril e Dépor ao longo da tempada. Nun primeiro momento, todo apuntaba a que Lendoiro o renovaría ata 2013, sen embargo, fíxoo ata 2015. Iso foi polo menos o que adiantou o representante do xogador, Eugenio Botas, e o que seguramente confirmará esta tarde o máximo mandatario blanquiazul, na roda de prensa que ofrecerá en Riazor, para repasar a actualidade deportivista. A continuación, mostrámoslles a situación de todos e cada un dos xogadores da plantilla herculina:
----------------------------------------------------------------------------
PORTEIROS
Aranzubía: O xogador rioxano ten contrato co Dépor, pero podería saír do club. O Málaga e o Atlético, principais interesados.
Manu: Acaba contrato. O máis posible é que cambie de aires.
-----------------------------------------------------------------------------
DEFENSAS
Aythami: Ten contrato co Dépor, quedaráse para intentar o ascenso.
Colotto: O Dépor intentará renovalo ata 2015, xa que o seu contrato remata en 2012. Por el interesouse o Málaga, e anteriormente, o Atlético.
Laure: Ten ofertas de Atlético de Madrid e Getafe, a pesar de ter contrato co club coruñés. O seu futuro, está no aire.
Lopo: Según informou en Twiter, non ten claro o seu futuro, pero según o presidente do Xetafe, xa está contratado.
M.Pablo: Firmou co Deportivo ata 2013. Seguirá no equipo.
Morel: Quédalle aínda un ano máis de contrato, e o novo técnico decidirá o que facer con el.
Ze Castro: Aínda que lle queda outro ano, todo apunta a que abandonará o club, si lle chegaran ofertas.
Rochela: Acaba de firmar co club ata 2015, o que significa que podería ocupar perfectamente o posto de Lopo.
Seoane: Aínda forma parte do Fabril, pero, como esta tempada, poderá ser usado polo primeiro equipo.
----------------------------------------------------------------------------
MEDIOS:
A.Tomás: Acaba contrato. Ultimamente foi relacionado co Racing de Santander.
Guardado: Quédalle un ano máis. Foi relacionado co Spartak de Moscú, Villarreal e Málaga.
J.Dominguez: O fabrilista ten contrato co equipo. Será un dos pilares do club para lograr o seu obxectivo.
J.Rodriguez: Xa firmou recentemente co Xetafe.
Juca: Ten contrato, pero co pouco qeu xogou esta temporada, suponse que non renovará.
Michel: O valenciano veu cedido, e marchará de novo ao Valencia.
P.Álvarez: Ten contrato, o seu rendimiento correrá a cargo do novo adestrador.
R.Pérez: Cedido polo Atlético, deberá volver, pero iso depende se o quere repescar ou non.
Saúl: Xogou poucos partidos, pero en segunda apunta a máis.
Valerón: Renovou por un ano máis.
Desmarets: Xogou pouco, e como cedido, volverá ao seu club de orixe, o Victoria de Guimaraes.
-----------------------------------------------------------------------------
DIANTEIROS:
Adrián: O seu futuro estará entre o Depor e Atlético.
Lassad: Seguirá no Deportivo, xa que ten contrato.
Riki: Seguirá tamén no Depor a menos que asia unha oferta interesante por el.
Xisco: Volve ao Newcastle, despois de ser cedido.
Sand: Volverá ao seu ex equipo, o Lanús.
Javito: Despois de que lle impedisen debutar, fichará polo Olimpiakos.
-----------------------------------------------------------------------------
CEDIDOS:
Bodipo: Volve ao Depor, pero o máis posible será que volva cedido.
Iván Pérez: Podería contar para o novo técnico deportivista. O seu futuro está no aire.
Bergantiños: Pode ser un dos pilares no medio do campo do Depor na seguinte campaña. O Xerez, o Granada, e Nastic proporcionanlle experiencia na categoría.

Esta é a lista de xogadores da plantilla deportivista, e ao lado, o futuro de cada un. Como anunciamos antes, Lendoiro da´rá unha roda de prensa na que repasará todos estes datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario