domingo, 3 de octubre de 2010

HOXE SÍ!

O Deportivo da Coruña busca dar a sorpresa da xornada gañando ao Real Madrid no Santiago Bernabeu, reivindicandose e pechando todas as bocas que criticaron constantemente ao combinado coruñés, tras este pésimo inicio de liga. Os de Lotina, buscan a súa primeira victoria da tempada, mentres que os merengues, buscan máis gol do que están tendo. O adestrador deportivista, afirmou onte en roda de prensa que sería "impensable" un empate a ceros. Tras este comentario, indicou que o Depor intentará marcar o antes posible, e deixar claro que non ten tan pouco equipo como para estar en postos de descenso. Hoxe, hai seis anos, o Deportivo gañaba por última vez no Bernabeu, na sexta xornada de liga, por cero a un (Luque). O Depor, sairá a marcar e o Madrid ao mesmo. Duelo de titáns que buscan o esperado gol.

Tamén...

O Fabril de Tito Ramallo busca de novo a ansiáda victoria fora de casa, desta volta no derbi, ante o Coruxo, rival directo. O partido disputarase en O Vao, a partir das cinco desta tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario