lunes, 4 de octubre de 2010

BAÑO BLANCO.

O Deportivo da Coruña protagonizou onte un dos seus partidos máis desastrosos no que vai de tempada. O conxunto coruñés, foi derrotado polo Real Madrid de Mourinho, no Santiago Bernabeu. A diferencia de goles, foi clara e amplia para o combinado merengue, mais o Depor, logrou por fin anotar un gol de xogada. O 6-1 foi o resultado que pechou o partido. Cristiano Ronaldo (2), Ozil (1), Di María (1) Higuaín (2), foron os goleadores do equipo blanco, mentres que no Deportivo, anotou Juan Rodriguez, de cabeza, tras unha moi boa xogada de Adrián. O outro dianteiro deportivista, Lassad, non tivo a súa noite, xa que fallou o máis facil (batir a Casillas totalmente solo), despois de aproveitar un afortunado resbalón de Carvalho. Finalmente, o Depor voltou a casa con comentarios pesimistas como o de Lotina ("Somos o peor equipo de primeira"). Baño blanco para o club herculino, que afronta con gañas o partido de Osasuna.



O Fabril colleita un punto no derbi.

O Fabril trouxose a Abegondo un punto da súa colleita, tras empatar o seu partido contra o Coruxo (1-1). O anotador deportivista, foi unha vez máis Dioni, que prolonga a súa racha goleadora co Depor B.

Forza Depor, con tenis de mesa.

Outro dos deportes que Forza Depor anunciará a partir de agora, será o tenis de mesa, en especial a terceira división galega, na que diversos equipos compiten polo ascenso. Un deles, que será no que nós nos centremos, é o Cambre Promesas, que como ben dí o seu nome, é un dos claros candidatos desta liga. Este sábado, o club cambrés disputou unha serie de partidos, dos que non puido arrincar ningún punto (1-6). Os xogadores da plantilla do promesas, non  foron quen de gañar os seus encontros. Damián, Álex, Dani, Raúl, Martín, Samuel e Andrés, foron derrotados polos xogadores veteranos e experimentados do Cambre T.M. Seguiremos en contacto co club de ping-pong, no seguinte partido, Na Hípica de Coruña.

Ata mañá e Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario