viernes, 3 de septiembre de 2010

PILLADO.

Por fin, tras semanas e incluso meses de busca, o xogador de As Pontes, Adrián López Piscu, foi atopado polo diario oficial do club, Depor Sport, que deu co paradeiro do futbolista galego, co que tamén puideron contactar e compartir un par de preguntas. Piscu, atopábase, como ben afirmara anteriormente este blog,en Inglaterra, aloxado nun luxoso hotel, perto das instalacións de adestramento do Wigan Athletic, club co que se estivo adestrando estas semanas pasadas. A conexión telefonica que tiveron o xogador e o diario deportivo, durou apenas uns minutos, e rematou coas seguintes afirmacións do deportivista.
Depor Sport: Cando voltará á Coruña?
Piscu: De momento, esperarei a que a situación se calme un pouco, e despois arreglarei as cousas co Deportivo. Non vos pode decir máis, cando crea oportuno voltarei.
O xogador de As Pontes, foi xa do agrado de diversos equipos da liga adelante, como o Numancia, que ten moito interese en facerse cos servizos do futbolista do Depor.

Forza Depor en Lugo.

Este blog, aparte de enviar reporteiros a Francia, suma e segue, xa que agora, outros dos nosos colaboradores, estan a facer publicidade do espazo deportivista por Lugo, centrandose na zona de Taboada, na que hai gran interese polo noso blog e polo Depor en xeral.

Isto foi todo por hoxe. Sentimos non poder publicar unha fotografía no día de hoxe, xa que o lugar onde nos atopamos non ten unha grande conexión a Internet e polo momento, ata o lúns, non haberá máis entradas, a non ser que a noticia sexa importante para o deportivismo. Grazas e Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario