segue demostrando a súa calidade, despois de marcar seis goles na pretempada, un co Depor, e os outros cinco co Filial do combinado coruñés. O partido finalizou co 1-0 que deixa ao Fabril con catro puntos na tabla clasificatoria. Abegondo, puido presenciar un bonito encontro, que rematou con final feliz, e 1.000 persoas celebrandoo.España 80.
Grecia 72.
A selección española de baloncesto, deixou claro unha vez máis, que se está aí, non é de casualidade. Por terceira vez, os españois, eliminaron nas fases finais dun torneo oficial aos gregos, que remataban o partido, unha vez máis, furiosos e desconcertados. A "bomba" Navarro, Felipe Reyes, e o galego, Fran Vázquez, deixaron os mellores puntos, dun partido que dominou España a maioría do tempo.
Tampouco lle foi mal, á selección española de fútbol, que inaugurou a Eurocopa de 2012, cunha contundente victoria, sobre Liechestein, por 0-4. O primeiro gol, foi anotado polo dianteiro madrileño, Fernado Torres, que poñía por diante a España, cun magnifico balón picado. Villa, lograría o segundo da nosa selección, cun forte disparo dende fora da área, firmando o seu gol número 43, poñéndose a un de Raúl, na historia dos goleadores da selección. Torres, de novo, farí o seu segundo gol do partido cun disparo raso, que rematou no fondo da rede. Por último, Silva, pechou o marcador, cun disparo cruzado, que deixou coa boca aberta ao porteiro rival.
Isto foi todo por hoxe. Mañá, voltaremos con todos vós. Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario