sábado, 28 de agosto de 2010

PREPARADOS.

O combinado coruñés, dirixido por Lotina, afronta o primeiro partido de liga ante a súa xente, mañá, en Riazor. Hoxe, esta tarde, finalizou xa o primeiro partido, que inaugurou unha vez máis, a mellor liga do mundo, a española. O encontro disputado as 18:00 horas de hoxe, quedou con victoria do Athletic, que lle amargou a volta a primeira ao Hércules, no seu estadio, o Rico Pérez. Agora, as 19:00 horas, comezou o partido que está enfrontando ao Málaga e o Valencia, na Rosaleda. Agora mesmo, no descanso, ambos equipos empatan a un no marcador. De finalizar así o encontro, o primeiro clasificado no día de hoxe, sería polo momento o Athletic de Bilbao, con tres puntos, á espera do que faga esta noite o Sevilla, fronte o Levante. O Depor, tras estas primeiras impresións dos rivales, é o seguinte en xogar, mañá, ás 17:00, dende o estadio municipal de Riazor, fronte o Zaragoza, por ppv. O Depor, á conquista de Europa! A disfrutar da liga!


Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario