que tampouco foron demasiadas. Por parte do equipo de Lotina, saíron titulares: Manu, Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Morel, Antonio Tomás, Juan Rodriguez, Guardado, Michel, Urreta e Adrián. O mediapunta valencianista, que sufriu unha vez máis serias molestias na súa perna dereita, será sometido mañá a unhas probas médicas, para comprobar o seu estado. No combinado coruñés, Urreta, foi o xogador que máis ocasións xenerou, e máis perigo lle creou ao Zaragoza, que exceptuando unha clara ocasión que detivo correctamente Manu, non gozou de máis tiros entre os tres paus. Lafita, ex deportivista, foi o segundo protagonista da tarde, que volvía a Riazor unha vez máis, como visitante. Os Riazor Blues, animaron ao estadio a cargala co xogador maño, ao que chamaron pesetero, e insultaron constantemente. Para este espazo, Angel Lafita, sempre será ben recibido, xa que foi o home que tirou do equipo, na campaña na que o combinado coruñés, estivo a piques de descender, na primeira tempada de Lotina. Por iso, con respeto ao caso de Lafita, grazas polas marabillosas tardes que nos fixeches pasar.Bodipo, con equipo.
O dianteiro deportivista, atopou finalmente un equipo co que se entende, para poder remar de cara á primeira división. O Elche, foi o club co que Bodipo, firmou para as próximas tempadas.
Isto foi todo por hoxe. Un punto máis, sempre se agradece! Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario