Unha vez máis, ao Deportivo tocoulle sufrir, nun partido que tivo na súa man dende o principio. Na tarde de onte en Riazor, os homes de Lotina, probaban a súa valía sobre o terreo de xogo. Colo e Xisco, presentábanse con gañas de compartir outro momento, coa súa ex afición, que os tratou estupendamente dende o principio. No prmeiro período do parti
do, o Depor, foi o amo e señor do balón, o que axudou a debutar con bo pé, as flamantes fichaxes veraniegas. Un tiro ao pau de Michel, foi a mellor ocasión do partido. Na segunda metade, sería o propio Michel, o que tería que saír do campo por unha molestia na rodilla que non lle impedirá xogar o seguinte amistoso. Esta segunda parte, tamén nos deixou un regalo de última hora, que amenazaba ao Depor. Manu, porteiro suplente, cometería un penalti clarísimo que o número 7 do Newcastle desaproveitaría. Con este empate a ceros, chegábase ao final do partido, que se trasladaría directamente á portería dos Riazor Blues, que animaron todo o partido ao porteiro asturiano. Desgraciadamente, Manu, non foi capaz de deter nigún dos cinco penaltis, e Riki, acabaría fallando o seu e condenando ao Deportivo un ano máis dende os once metros.
do, o Depor, foi o amo e señor do balón, o que axudou a debutar con bo pé, as flamantes fichaxes veraniegas. Un tiro ao pau de Michel, foi a mellor ocasión do partido. Na segunda metade, sería o propio Michel, o que tería que saír do campo por unha molestia na rodilla que non lle impedirá xogar o seguinte amistoso. Esta segunda parte, tamén nos deixou un regalo de última hora, que amenazaba ao Depor. Manu, porteiro suplente, cometería un penalti clarísimo que o número 7 do Newcastle desaproveitaría. Con este empate a ceros, chegábase ao final do partido, que se trasladaría directamente á portería dos Riazor Blues, que animaron todo o partido ao porteiro asturiano. Desgraciadamente, Manu, non foi capaz de deter nigún dos cinco penaltis, e Riki, acabaría fallando o seu e condenando ao Deportivo un ano máis dende os once metros. Coloccini e Xisco, cuidarán do trofeo.
Os ex deportivistas, Coloccini e Xisco, agradeceron publicamente a todo Riazor o apoio que se lles mostrou de principio a fin. Os do Newcastle, que gañaron a copa do Teresa Herrera nos penaltis, cuidarán ben o trofeo que se levan, sendo o primeiro equipo inglés que o logra. Losada, alcalde da Coruña, entregou, como ben dixera este blog, a copa dende o palco, debido ao temor polos abucheos do público. Forza Depor, tivo ocasión de saltar ao terreo de xogo ao final do partido para buscar aos xogadores, mais non foi posible debido a seguridade que rodeaba o campo. Sen embargo, na porta de atrás, tivemos acceso, a situarnos no entorno dos xogadores, que nos recibiron mui amablemente. Rubén Castro tivo a oportunidade de falar con nós un rato, e desexarlle boa sorte no seu actual equipo, o Betis.
Isto foi todo por hoxe. Mañá, seguiremoslles contando cousas deste interesante partido. Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario