jueves, 5 de agosto de 2010

CINCO TEMPADAS DE FRUSTRACIÓN.

O xa ex dianteiro do Deportivo, Rubén Castro, pon fin ao seu paso polo club blanquiazul, tras cinco tempadas de cesión en cesión. O futbolista canario, despediuse do Deportivo, presenciando dende o banquillo o trofeo Teresa Herrera. As cámaras de Forza depor, puiderono captar, e incluso compartir un par de palabras con el. Entre toda a multitude de afeccionados, atopábase o xogador, que era rodeado constantemente como os seus compañeiros. Este blog, tivo a honra de desexarlle moita sorte no Real Betis Balonpié, no que xogará as próximas tres tempadas. El, amablemente, contestounos cun "grazas, e ata pronto", que significa a despedida de Rubén Castro co club coruñés.


Máis futbolistas.


Esta casa, tivo a sorte de compartir cos protagonistas do encontro un par de horas, nas que os xogadores, lle dedicaron a este blog posters asinados, e un balón coa sinatura de todos. Guardado, Ze Castro, Valerón, Lopo, Manu, Rochela, Juan Dominguez, Juan Rodriguez, Riki, Rubén Castro, Michel e Aythami, foron algúns dos moitos que nos recibiron con moito cariño, igual que todos os afeccionados o fixeron con eles. A todos eles grazas polo tempo que nos dedicaron.


Isto foi todo por hoxe. Mañá, seguiremos contandovos as novedades do club herculino. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario