jueves, 17 de junio de 2010

MOITO TOQUE, POUCO FÚTBOL.

A Selección española de fútbol, que xogaba onte o seu primeiro partido mundialista, caeu en Durban fronte un equipo moi inferior ao noso. Os suízos, que gañaron polo arbitro e polo seu porteiro, foron os protagonistas da xornada, tras gañarlle por un gol a cero á favorita ao título. Aínada así, toda España segue á espera da reacción dos futbolistas, os que se defenderon ante as cámaras e prometeron deixarse a pel no campo, para poder pasar así a seguinte ronda.


O grupo H está agora nesta situación:


1ª: Suíza, 3 puntos.

2ª: Chile, 3 puntos.

3ª: España, 0 puntos.

4ª: Honduras, 0 puntos.


Guardado, cuberto.


O xogador deportivista, segue a espera do que poida pasar a temporada que ven con el. Lendoiro, que xa recibiu diferentes ofertas por el, acordou con Lotina a fichaxe de Desmarets. Este xogador francés, tivo xa varios pretendentes de grande importancia como o Fulham inglés, o Schalke 04, ou o Sporting Braga. Aínda así, o futbolista galo, decidiu vir ao Depor pola boa reputación do club coruñés. O xogador ven gratis, coma as outras dúas fichaxes deportivistas, Saúl e Michel. Esta mañá, pasou sen dificultades o recoñecemento médico, e esta tarde será presentado no Playa Club.


Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!

2 comentarios: