sábado, 12 de junio de 2010

ARRANCOU O MUNDIAL!

A Copa do Mundo de fútbol, pediu paso dende hai xa uns cantos meses cando se souperon os grupos. Onte, luciuse en toda a Terra co seu primeiro partido, o de inauguración, que disputaron Sudáfrica e México. O partido comezou cunha forte ventaxa dos tricolor, tras gozar de numerosas xogadas de gol, que puideron facer Giovani dos Santos, ou Carlos Vela, posibles candidatos blanquiazuis. Ao segundo, anularonlle un gol por fora de xogo, mentres que o primeiro, foi no primeiro tempo o mellor do seu conxunto. Iso debeuse á falta de Guardado, quen ficou no banquillo para reservarse e estar en condicións ante Francia. Iso non quitou que o deportivista non saíra na segunda parte, na que xunto os seus compañeiros, fixo o posible por remontarlle a Sudáfrica, despois do seu golazo pola escuadra. Sin embargo, os Africanos duroulles pouco a alegría, xa que México, lograría o gol do empate, por mediación de Marquez, tras o cento do Principito, o mellor dos seus. Deste xeito, o Mundial queda inaugurado. Tamén se xogaron entre onte e hoxe os seguintes partidos:


Uruguay 0 - Francia 0.

Grecia 0 - Corea do Sur 2.

Arxentina 1 -Nixeria 0.


Hoxe, xogarase tamén o Inglaterra - EEUU. España, debutará o próximo mércores fronte Suíza. Máis información todos os días ate o final do torneo. Grazas por acompañarnos. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario