sábado, 24 de abril de 2010

ULTIMO TREN A EUROPA.


Último tren a Europa é o que lle queda ao Deportivo, hoxe ás dez da noite fronte ao Valencia en Mestalla. Pero para os valencianos é igual de importante que para os coruñeses. Os de Emery, xóganse conseguir un posto definitivo na Champions League da próxima temporada, logrando permanecer o terceiro clasificado. Mentres que o conxunto de Lotina... Europa. Europa é a única palabra que o pode describir. O último, o decisivo, o partido final, o partido no que se enfrontarán dous titáns que deben espertar.


Juca, aquí. O brasileiro, reincorporouse de novo aos adestramentos no Mundo do fútbol, co resto de xogadores non convocados. Todo o deportivismo espera a súa volta con ansiedade. Case tanto como a do xogador mexicano, Guardado, quen recibiu unha citación de México para acudir ao mundial de 2010 con ela. Tamén Filipe e Angulo son outras das moitas baixas que sufre o equipo e que deberá recuperar canto antes.


Mañá informarémoslles o resultado do partido que xogou o Xuvenil A do Deportivo. Partido que se gañase, o faría campión da Liga Nacional Española.


Grazas pola súa atención. Ata sempre! Forza Depor!

1 comentario: