
O centreal deportivista, Ze Castro, volveu onte pola noite da súa viaxe a Portugal por problemas persoais. Esta mañá incorporouse aos adestramentos co resto dos seus compañeiros na cidade deportiva de Abegondo.
Lotina, comeza a dirixir. O adestrador do Deportivo, M. A. Lotina comezu despois de renovar a ir pensando no futuro do club, ao igual que nas súas categorías inferiores. Rochela, Dani, Añon e Seoane, son uns dos posibles futbolistas destinados o próximo ano á segunda división, posto que o de Meñaka pensa en cedelos e así subir o nivel destes xogadores. A outros coma Ahitamy ou Bergantiños teñen xa case fixo un posto no club.
Juan Dominguez, case oficial. O medio deportivista esta case "traspasado" á plantilla dos homes de Lotina. O presidente ten intencións de subilo do Fabril ao Depor.
Estas foron as novas do Deportivo hoxe. Esperamos que gozaran delas. Adeus! E... Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario