lunes, 8 de marzo de 2010

TRES GOLES, TRES PUNTOS.


O número tres é unha cifra "elevada"no fútbol, en canto aos goles. Case sempre os partidos rematan con un, dous ou empate. Para o Depor, este fenómeno ocorre continuamente. Sen embargo, o sábado frente ó Tenerife foi distinto. Foron, segundo o diario EL PAÍS: Tres tiros, tres goles, tres puntos. Ese comentario puido ofender ao Depor, posto que o conxunto herculino achegouse coma mínimo oito veces á portería dos canarios. En canto a tiros, é certo que puido haber máis, pero sexa coma sexa, o Deportivo marcou os tres goles (como dicíamos antes cifra elevada para o club) e con claridade mereceu os puntos que se levou. Por tanto, quedámonos cun 3-1 para os homes de Lotina. O mellor xogador por parte do Depor, sen dúbida Guardado. Do Tenerife, Nino.


O Sevilla, a próxima víctima. O conxunto de Lotina xoga contra un rival dificil que aspira, ao igual que os herculinos, a UEFA ou a Champions. Esperemos que o encontro favoreza aos nosos en todo momento, e que a sorte nos acompañe! Forza Depor!


Maña ofrecerémoslles mallor cantidade de información deportiva. Grazas por lernos. Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario