
Bos días a todos os fieis seguidores deste blog. Hoxe contamos con diferentes novas e sobre todo destacamos unha entrevista exclusiva co presidente Lendoiro. Adiante!
ENTREVISTA EXCLUSIVA CON LENDOIRO:
P. Bos días presidente.
R. Bos días.
P. Despois de tantos anos, foi unha verdadeira mágoa a derrota frente o Madrid...
R. Si, a verdade é que ninguén sabia moi ben a explicación de tantas victorias frente un equipo tan poderoso pero tamén é certo que neste intre o R.Madrid xoga unha liga totalmente diferente á nosa é dicir, pelexa polo título.
P. Cree que o Madrid mereceu gañar o partido?
R. Todos sabemos a resposta a iso. Hai que admitir que foron claramente superiores e o único que nos queda por facer é felicitalos polo excelente partido que realizaron.
P. A pesar da derrota moi bo ambiente en Riazor...
R. Si, e por iso mesmo todos os aficionados que se desplazaron a Riazor para presenciar o encontro merecense unha victoria e máis. Sobre todo os Riazor Blues, que animaron ata o último momento. Esperamos poder gañar en Málaga.
P. Falouse algo no palco sobre o futuro de Sergio Canales?
R. Eu con Florentino non teño nada que falar posto que a nosa relación é óptima e tanto o Racing coma o R.Madrid saben perfectamente a parte que lle correspondería ao Deportivo nesa fichaxe.
P. Iso é todo. Moitas grazas señor presidente. Foi un honor.
R. Grazas a vos. Igualmente.
ESTA FOI A ENTREVISTA EXCLUSIVA CON LENDOIRO. PASAMOS ÁS OUTRAS NOVAS.
Lotina dá dous días de descanso á plantilla. Volverán a adestrar para o partido frente o Málaga este Mércores. O partido celebrarase o domingo ás 17:00 da tarde en Málaga. Para ese partido confirmanse a actual baixa do club andaluz, Gámez, por unha lesión muscular e posiblemente Duda, por molestias na rodilla. Pola banda do Deportivo non estarán presentes: Filipe, Angulo, Guardado, Lassad, Sergio e Mista.
Estas foron todas as noticias do club herculino. Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario