
Hoxe estamos de novo con todos vos para contarvos todo o que chegou aos nosos oidos sobre o Deportivo. Comezamos coas novas máis destacadas.
Deportivo-R.Madrid. 1-3. Cae un Depor de Lotina, iso si, con dignidade. Neste espazo escollemos como mellor xogador do partido por parte do equipo herculino a Aranzubia, polas súas constantes e decisivas intervencións. Pola banda do club madrileño un veterano madridista foi o elixido, Guti, polo seu ataque en todo momento do encontro. O ano que ven será distinto!
O Depor, sen Del Horno. O equipo coruñés quedou xa seguro, sen opcións para a posibel fichaxe do lateral ex valencianista. No seu lugar, Lendoiro pensa xa noutro xogador coma Pernía. O futbolista do At.Madrid está disposto a aterrizar na Coruña cedido, iso sí, só ata que a Filipe lle den o alta.
Estas foron as novas máis destacadas da xornada do equipo blanquiazul. Cando recibamos máis novas seranlles comunicadas. Ata mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario