domingo, 3 de junio de 2012

FDB manexa varias opcións

Deportivistas. Coruñeses. Galegos... Amigos e lectores desta web. Seis meses despois da nosa última entrada, considero que lles debo unha boa explicación a todos. Son Andrés Díaz, director e redactor de FDB, e penso explicarlles detalladamente todo o ocurrido ata o día de hoxe.

Todo comezaba o 8 de Decembro do 2011, cando me replanteaba o futuro deste blog, sen saber con certeza que facer. Cumplíanse non hai moito 2 anos dende a fundación de Forza Depor Blanquiazul, e por tanto, era hora de comezar a facer balance da situación, e pensar no que acadáramos ata ese intre. Tras moito cavilar, acordei cos meus colaboradores pechar temporalmente, e así poder embarcarnos noutros proxectos, o que faría que a nosa volta fora máis forte que nunca.

Pois o caso é que nestes últimos meses, estivemos ideándo o novo FDB. Explícome:

FDB ten pensado abrir de novo as súas portas, non obstante non saberíamos dicir aínda data de reapertura, xa que o cambio de dirección, correo, diseño, logotipo, redactores, plantilla e gadgets pode levar moito tempo, se queremos crear unha web competitiva.
O cambio de nome é un dos posibles trocos con respecto ao pasado FDB, pero como digo, non sabemos aínda por onde comezar.

Por todos estes motivos, esperamos que me entendades, tanto a min coma aos meus axudantes, e esperamos poder estar de novo presentes nas vosas pantallas coa mellor información posible. Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario