miércoles, 27 de julio de 2011

"NEGREIRA 0 - DEPOR 7: GOLEADA DEPORTIVISTA A UN TERCEIRA"

O Deportivo da Coruña venceu na tarde de hoxe en Negreira ante o equipo desa cidade, por unha clara diferencia de sete goles a cero. Riki, anotou  tres goles no encontro, mentres que Saúl, Laure, Salomao e Cubillas (novo dianteiro do Fabril) firmaron o resto dos tantos do partido. O equipo de Terceira, que se atopa no grupo do filial deportivista defendeuse como puido, sen embargo, non foi suficiente para deter a un poderoso e goleador Depor de Oltra. O que é seguro é que independientemente do dianteiro que aterrice na Coruña, terá complicado asegurar o seu posto como titular, xa que outros puntas como Riki, Lassad ou incluso Cubillas, apuntan maneiras no que vai de pretempada. O dianteiro de Aranjuez, leva nesta pretempada xa 6 goles, mentres que o franco-tunecino do Depor dous (ambos contra o R.Vilalbés), e Cubillas un, o desta tarde ante o Negreira. Todo apunta a que o novo dianteiro do Deportivo será Xisco, xa que Hector Font, ex xogador do Valladolid, que sonaba tamén para o Depor, firmou no día de hoxe co Recreativo de Huelva. A parte destes dous futbolistas un xogador arxentino do que aínda non temos nome, podería tamén incorporarse á plantilla deportivista. Para finalizar, añadimos a esta entrada un dato, que foi a capitanía no día de hoxe de P.Álvarez, xogador encargado de recoller a copa do torneo. Agradecemos a colaboración da páxina web deportivista www.somosdepor.com, por cedernos a fotografía do encontro, aparte da información do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario