domingo, 12 de junio de 2011
"A FAMILIA DEPORTIVISTA SEGUE MEDRANDO"
Dous días lle levou á Coruña reaccionar ante o descenso do club, movilizándose ante a campaña de captación de socios do Real Club Deportivo, da que se sacaron 2380 socios, dos que 1120 son novos integrantes da familia blanquiazul. Como bos aficionados, os colaboradores desta web, desplazarémonos este lúns ás longas colas de xente que cubrirán as entradas das portas 16 e 17 do Estadio Municipal de Riazor, para comprar os nosos abonos anuales, e así axudar ao equipo no seu paso en segunda, esperemos, corto. Ademais, tamén vos podemos adiantar que FDB, estará co Depor, e co seu diario oficial (Depor Sport) e demais medios coruñeses e españoles na súa estancia enVilalba, e de seguro, asistiremos ao encontro que disputará o equipo ante o Racing Vilalbés. Esa semana, esperamos poder tamén contar con entrevistas exclusivas cos protagonistas no equipo. En breve, anunciaremos máis detalles desta mini-gira que realizaremos co club.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario