domingo, 29 de mayo de 2011
"LENDOIRO PRESENTARÁ A OLTRA HOXE"
O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, presentará a Jose Luís Oltra, como novo técnico deportivista para a campaña en segunda división, con opcion a renovar automáticamente en caso de ascenso. Como xa avanzou esta web hai cousa dun día, o adestrador valenciano aterrizará hoxe na Coruña, para ser presentado ás 17:00 dende o Playa Club, en Riazor. Lendoiro, xa deixou entrever onte, na roda de prensa, que Oltra sería seguro o director de orquesta do Deportivo na súa andadura pola Segunda División. Tamén vos podemos adiantar unha nova de última hora, a nova dun rival do Deportivo neste curso, a nova dun rival que volve a segunda 18 anos despois. Trátase do Sabadell, que retorna á categoría de prata do fútbol español, tras empatar co Eibar (1-1), e levar ventaxa no encontro de ida. Por tanto, o Sabadell, será o novo rival do clube coruñés, esperamos, por pouco tempo. Tamén lle desexamos toda a sorte do mundo ao Lugo que se xogará o ascenso hoxe, e intentaralle remontar un 2-0 en contra ao Murcia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario