O Deportivo amosou o pasado domingo a súa mellor versión ante un Riazor volcado polo seu equipo. Tres foron os goles que puideron ver os aficionados que se desplazaron ao estadio para animar ao combinado herculino, que se atopa no penúltimo posto da táboa tras gañar ao Espanyol. Un partido frío, ao igual que o día, coa posesión repartida para ambos conxuntos, deronlle ao Depor a primeira victoria do curso. Adrián, abriu o marcador cun tanto dende dentro da área de penalti, tras o fallo de Lopo e Riki, despois do saque de esquina. Pouco asustaban os pericos nun partido que se lles poñía costa arriba, despois do gol firmado por Lopo con dedicatoria especial para o mister, Lotina. Finalmente, case no desconto, Colotto pechaba o marcador cun fermoso gol cruzado dentro da área grande, que significaba a resurreción dun Depor, que á vez gañaba o seu partido número100 en casa por tres goles ou máis.Isto foi todo por hoxe. Tamén nos gustaría informar de que dentro de cinco días, é dicir o día sete deste més, Forza Depor cumplirá un ano, que será celebrado por todo o alto, con reportaxes inéditas da viaxe a Francia, e da que estamos facendo agora a Málaga e Granada. Grazas por seguir confiando na nosa información. Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario