O Deportivo da Coruña logrou na tarde de hoxe saír da racha de derrotas que o levaba perseguindo dende hai xa tempo. A nova versión que ofreceu o Depor agradou máis ao público, sen embargo, a pólvora segue estando mollada. Hoxe, o combinado coruñés disputou o seu mellor encontro da tempada, que non bastou para arrincar os desexados tres puntos. Nin a superioridade numérica beneficiou moito aos locais, que cando parecían estar na gloria, Ricardo baixábaos do ceo. O porteiro de Osasuna, foi sen dúbida o mellor dos seus, xa que conseguiu parar os constantes achegamentos deportivistas. A vermella directa a Camuñas foi clara, despois de mandar ao árbitro a paseo, tras non sinalar unha falta inexistente. Inumerables ocasións dos herculinos, acabarían coa paciencia de Camacho que non soubo recoñecer a superioridade dos galegos, ao rematar o encontro na roda de prensa. O reparto de puntos entre os dous equipos, foi comentado minuto a minuto, dende o CHAT FD, co programa DIRECTO DEPOR, que tamén actualizou o resto dos goles desta xornada. Forza Depor, tamén sufriu algúns cambios para ben, como o troque de logo, a cabeceira, o chat antes nomeado, as fotos ofrecidas de antemán, o mellor resumo do partido, etc...Isto foi todo por hoxe. Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario