miércoles, 27 de octubre de 2010

FD EN RADIO MARCA E ONDACERO.

Por primeira vez na historia do blog, fixo a súa primeira aparición en directo na radio española e deportiva, Radio Marca. Na sección "Al primer toque, no apartado do Deportivo da Coruña. Hai cousa de dous días, un dos nosos colaboradores, nomeou en directo o URL do noso sitio tras deixar ben claro os obxectivos da web. Apoio ao Deportivo na mala situación que está pasando, é unha delas, polas que fomos felicitados por diversos profesionais da radio deportiva, tanto Radio Marca como Ondacero. Esta, foi a primeira de moitas aparicións en directo, xa que nuns meses esperamos voltar a repetilo. Grazas a todos os visitantes da web, estamos podendo chegar a todo o alto a nivel español e mundial, por iso gustaríanos agradecerlles de novo a súa colaboración entrando no blog. E por suposto aos nosos compañeiros que fixeron posible ser nomeados nas dúas radios españolas. Grazas unha vez máis a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario