domingo, 12 de septiembre de 2010

EMPATE MILAGROSO.

O Deportivo da Coruña, voltou a empatar sen goles no marcador, desta vez, fronte un gran rival como o Sevilla. A primeira parte, foi o tempo que tivo o Depor de demostrar as súas cualidades, cousa que non fixo nada mal, xa que os de Lotina, puideron gozar de diversas oportunidades ao borde da área sevillista. Dificil o terá Daniel Aranzubía, na súa volta, xa que o porteiro suplente do combinado coruñés, Manu, llo está poñendo realmente complicado ao rioxano. O gardameta asturiano, foi elixido por moitos dos comentaristas que se encargaron de retransmitir o encontro (Canal +, RNE, Cadena SER...) o mellor xogador do encontro, que deixou claras oportunidades do Sevilla, entre elas dous largueiros. Urreta, Lopo e Rubén Pérez, foron, a parte do meta, os mellores futbolistas do Depor, nesta segunda xornada de liga, que finaliza (coa excepción do partido do lúns) deixando ao club galego como 14º clasificado, con dous puntos.

Dúas derrotas e unha victoria.

Non tanta sorte como o Depor tivo o Fabril, que ao igual que o Juvenil A, perdeu o seu terceiro partido de liga. O equipo dirixido por Tito Ramallo, caeu fronte o Montañeros (3-1) , cun solitario gol do pichichi deportivista, Dioni. Pola súa parte, o Juvenil A, perdeu tamén o seu partido ante o Puente Castro, por 2 goles a 1. Finalmente, o Juvenil B, foi o encargado de dar a sorpresa da xornada, tras vencer ao Chantada, na Liga Nacional, por 2-3.

Isto foi todo por hoxe. Tamén vos recordamos que agora, Forza Depor, está tamén en Blogalaxia e en Blogdeldía.org, que nos calificou cun valioso notable. Grazas, e ata mañá. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario