jueves, 9 de septiembre de 2010

COMPLICADO, PERO POSIBLE.

O Deportivo da Coruña, afronta un dos partidos máis importantes, posto que se enfronta a un dos grandes da nosa liga. O Sevilla, que ven de ser eliminado da Champions, e de perder a final da Supercopa, solo ten a opción de consolarse co bo partido que fixeron a xornada pasada, e intentar facer o propio neste. Pola súa parte, o Depor, conta ca maioría dos seus xogadores, mais non estarán todos. Juan Dominguez, Aranzubía, Zé Castro e Lassad, son algúns dos descartados polas
lesións que arrastran dende hai semanas. O porteiro rioxano, é un dos que ten máis posibilidades de xogar a terceira xornada, en Riazor, fronte o Xetafe. Polo que respeta ao partido, disputarase no Ramón Sánchez Pijuan, ás 21:00 horas, en directo por Canal + .

"Barritos", homenaxeado.

Sada, acolleu onte, da man da súa peña deportivista, un acto que rendiu homenaxe ao delegado do Real Club Deportivo da Coruña, Juan Ángel Barros Botana. A esta comida, asistiron entre outros, nove xogadores da plantilla deportivista, e os técnicos desta.

Isto foi todo por hoxe. Mañá seguiremosvos informando. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario