lunes, 16 de agosto de 2010

EN BUSCA DO NOVO FILIPE.

Miguel Ánxel Lotina, segue na procura dun lateral que supla a baixa de Filipe Luís Karmiski. Ata onte, nada era seguro sobre o futuro defensa deportivista, mais o técnico de Meñaka, desvelou algún dos candidatos ao posto que tanto valor ten no once do combinado coruñés. Os elixidos para esta importante lavor, foron Muniesa e Carles Planas. Os dous futbolistas proceden da canteira do Barcelona, e incluso do primeiro equipo, co que tiveron o privilexio de xogar algún dos partidos oficiales. O preferido por Lotina sería, según declarou el, Muniesa. Carles Planas, internacional coa sub 19, sería unha das últimas opción para o adestrador do Depor. Lotina, espera con ansiedade a resposta do Barça, e desexa que chegue canto antes para poder preparar o primeiro partido de liga fronte o Zaragoza. Antes desto, o equipo herculino disputara dous aistosos, en Grecia e Italia, fronte o Olimpiakos e o Lazio, repectivamente.


Isto foi todo por hoxe. Mañá, falaremos do "9" escollido por Lotina. Forza Depor!

1 comentario:

  1. Ola e bos días teño unha pequena preguntiña para vostede:¿ seguirá co outro blog que ten creo que se chama futbolerosdeportivo.blogspot.com no que vostede e contribuinte??? porque polo que vexo solo escribe unha persoa que nnon e vostede.

    Espero que siga cos dous blogs un saudo

    ResponderEliminar