Forza Depor atópase de novo, no país campión do Mundo, despois dunha pequena investigación, polo noso país veciño, Portugal. Desta volta, celebraremos o campionato recen gañado, contandovos a maioría dos detalles deste partido que quedará gravado para a historia.
Holanda 0.
España 1.
Johanesburgo, 95.000 espectadores.
Incidencias: Aparición do ex presidente sudafricano, Mandela, que saudou dende o terreo de xogo a todo o estadio. Invasión ao campo, do catalán, Jimmy Jump, que intentou colocarlle, na previa do partido, a bisera catalana, á copa do Mundo. Actuación da cantante Shakira, no post partido, para dar por pechado o primeiro Mundial Africano.

Iniesta foi o elexido, para darlle a victoria a España, cun máxico gol, a tres minutos para o final da prórroga, despois de sufrir todo o partido, con constantes faltas holandesas. A grande parte delas, chegaron das botas de Van Bomell, Van Bronjostk, Heitinga e Sneider. Iker Casillas, foi o encargado de levantar o título logrado pola nosa selección, que puido sentenciar o partido bastante antes do que lle levou. O porteiro madrileño, foi o mellor gardameta da competición, mentres que o "7" do combinado de Vicente Del Bosque, levou o bronce, ao dianterio do Mundial de fútbol. Todos os aficionados españoles, apoiaron a Roja, dende distintas cidades hispanas, como Madrid, Barcelona, Sevilla, Coruña, Vigo, Zaragoza... O noso porteiro, tivo tamén a ocasión de celebrar o título, coa súa noiva, Sara Carbonero (á que este blog lle ten moito respeto) bicandoa, en directo en Telecinco, despois dun breve silencio, diante de todos os medios. Villa, pola súa parte, unha vez pasada a resaca da festa, tocalle pagar 6 millóns de euros ao seu ex representante, según anunciou o propio aos medios. Para outros, a festa continúa. Sen embargo, a selección, ten xa a súa próxima cita concertada, para o 7 de Agosto, fronte México, en México D.F. O seguinte amizoso, será nos EE.UU, contra a Arxentina de Messi, que non tivo o seu mellor Mundial. Con isto, rematamos a crónica que tíñamos pendente para hoxe.
Mañá, informaremos da situación económica do Deportivo, que non ten moi boa pinta para Lendoiro. Tamén falaremos da nosa expedición portuguesa, na que vos contaremos ate o último detalle, dos novos xogadores do Depor, e dos que teñen pinta de "vellos" futbolistas, no club coruuñés. Forza Depor! Viva España!
No hay comentarios:
Publicar un comentario