lunes, 7 de junio de 2010

SONAN DIFERENTES NOMES.

Nos despachos do Depor, comezan a sonar nomes prometedores para a seguinte tempada deportivista. Entre eles, chegou hai cousa duns días o primeiro, Michel, quen se mostrou encantado pola súa fichaxe. O segundo, ten tamén nome interesante, Saúl. O ex xogador do Elxe, agradeceu o interese do Deportivo, por facerse cos seus servizos, e dar o salto á primeira división. E por último, Lacen, o arxelino do Racing de Santander, que remata contrato, e asegurou fronte os medios o seu desexo de abandonar as terras cántabras, tras descubrir o interese que teñen nel outros equipos como o Zaragoza ou o Espanyol.


BILBAO 2.

JUVENIL A 0.


O Juvenil A do Deportivo, que gañara hai unha semana en Abegondo fronte o seu rival bilbaíno en cuartos de final da copa do rei, caeu derrotado onte no campo rival por dous goles a cero, cousa que deixa aos nosos sen o seu soño copeiro.


NADAL, O REI DO MUNDO.


O tenista maiorquín de 24 anos, conseguiu onte o seu quinto Roland Garros, tras vencer a Soderling, deixandoo sen un solo set no peto. O español, Rafa, conseguiu así adiantar a Federer no Ranking de tenistas, colocandose así no primeiro posto, que o denomina, Mellor tenista do Mundo. Felicidades!


Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario