miércoles, 30 de junio de 2010

SI,SI,SI. ESPAÑA XA ESTA AQUÍ!

Como xa predixera antes este blog, a selección española de fútbol, puido impoñerse con facilidade a Portugal. Xavi, Iniesta e Villa, foron os xogadores clave do partido, e os que nunha soa xogada, acabaron cas aspiracións mundialistas da selección lusa. Os mediocentros do Barcelona, iniciaron o ataque, que lle permitiu ao seu compañeiro de equipo, adiantar a España no marcador. David Villa, colocouse así como un dos máximos anotadores do Mundial, con 4 goles, o segundo máximo goleador da historia da selección española con 42 goles (está a 2 de superar a Raúl), e o máximo anotador español nos mundiais, con 7 tantos. O noso próximo rival, Paraguai, este sábado dende o Ellis Park.


Asta sempre, compañeiro.


O Depor, que seguiu todos estos días pasados, atento ao caso de Sergio, acordou deixar libre ao mítico xogador blanquiazul, que fixo hitoria no club herculino, con todos os seus anos en Coruña, e sobre todo, o gol que lle meteu en Marzo de 2002, ao Real Madrid, na copa do Centenariazo. Lendoiro, continua a buscar o sucesor, que ocupe o posto do catalán. Un dos posibles recambios, será o nipón, Matsui. Tamén se espera que o Depor e Piscu negocien o contrato do coruñés, que seguirá no club, no caso de que Aithamy decida irse cedido a clubs como o Hercules ou o Betis, que son algúns dos interesados.


Isto foi todo por hoxe. Mañá seguiremos informando. Forza Depor! Ánimo España!

No hay comentarios:

Publicar un comentario