Como xa dixemos na nosa anterior entrada, este sábado ás seis da tarde en San Mamés, cerrarase o primeiro partido da última xornada de liga. Este enfrontará a varios coñecidos. O primeiro duelo será entre o Depor e Caparrós, ex adestrador dos coruñeses. O segundo protagonizarano Aranzubía, porteiro do Depor, fronte os seus anteriores compañeiros, o Bilbao. E o último e posiblemente máis importante, Filipe-Gorka. Os dous xogadores creadores dunha tráxica xogada o pasado 23 de Xaneiro na que o lateral deportivista saiu dañado gravemente. Estes enfrontamentos son os últimos que veremos na última xornada do fútbol español.

Aranzubía.
O porteiro bilbaíno, anunciou onte a súa renovación co club coruñés, e admite a felicidade que sinte por seguir no club. Tamén se cerrou a continuidade de Brayan Angulo, que non puido xogar co club en toda a liga debido á súa grave lesión. O colombiano segue recuperándose, como o seu compañeiro, Filipe, quen despois de reaparecer a pasada semana, levou onte outro susto ao protagonizar un golpe no seu nocelo dereito (o da operación) e caer ao chan duramente. Por sorte os danos foron poucos e pensa en xogar na Catedral, despois de que Dunga non o elexise para participar no Mundial de Sudáfrica. Lopo, defensa do Depor, tamén tivo que ser retirado dos adestramentos por mor dun forte golpe na rodilla. Riki, que leva toda a semana con outra, asegura que estará en Bilbao.
Isto foi todo por hoxe. Grazas, ate outra e Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario