lunes, 31 de mayo de 2010

CAMPIONS CARA O MUNDIAL.

Como motivo da celebración do Mundial 2010, Forza Depor, acordou facer unha sección dedicada ao importante campionato, resaltando os partidos da nosa selección, comentandoos e dando a nosa sincera opinión do torneo sudafricano. España, que disputou o pasado sábado o primeiro partido de preparación, fronte Arabia Saudí, puido levarse a apretada victoria de 2-3, encaixando o gol da felicidade no último minuto.


Michel, na Coruña.


O ex valencianista, chegou onte pola noite a cidade galega, na que pasou sen maior dificultade o reconocimento médico, esta mañá, e pola tarde de hoxe, ás 19:15, presentarase oficialmente co club herculino, no Playa Club.


Canteira de ouro.


O equipo blanquiazul, que protagonizou onte o programa da Sexta "Volta e Volta", non conta só co seu primeiro equipo, senon que en Abegondo, xa se prepara a festa por todos os títulos deste ano. As categorías inferiores do Depor, gañaron nesta tempada seis títulos, contando o último deles (a liga galega do Cadete B.). A pesar de sobre pasar unha moi boa cifra nas vitrinas de Abegondo, pódese aumentar dentro de moi poucos días, se finalmente, o Juvenil A, conseguise chegar e gañar a final, despois de pasar vivo o partido de ida dos cuartos de final, gañandolle a un Bilbao no último minuto. Tamén Juan Dominguez, xogador do Depor conseguirá esta tarde en Madrid o Draft de bronce ao medio xoven máis eficaz da liga. A todos eles, felicidades!


Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario