lunes, 12 de abril de 2010

REMATOU A MALA RACHA.


Rematou a mala racha do Deportivo. Os homes de Lotina viñan de perder fronte o Valladolid, o Sporting, o Xetafe e o Atlético. Onte foi distinto, posto que os nosos empataron fronte un Racing que non mereceu meter o gol que certificou o reparto de puntos entre ambos equipos. Riki adiantou ao Depor no minuto 1 de partido tras recoller un largo pase de Aranzubía dende a portería. Isto permitiulle ao madriléño enfrontarse ao porteiro dos de Santader e batelo tras un fortuíto rebote. Xa a piques de rematar o encontro Toni del Moral, deulle a salvación a un Racing que se alexa minimamente dos postos de descenso.


A entrada a cinco euros, notase. O plan de Lendoiro, deu resultado, posto que Riazor comeza a encherse partido a partido. Onte puidose recoller o dato de que houbo sobre 16.000 espectadores en Riazor.


MAIS DEPORTE:


O Liceo, avanza. O equipo de hokey coruñés, que ven de gañarlle ao Cerceda, por 8-2, e apoiado polo Depor, que cada vez que o partido de futbol dos herculinos coincide en sábado, parmite que os socios pasen gratis para presenciar o encontro do Liceo.


Isto foi todo o destacado nas novas deportivas coruñesas. Grazas, ate outra e Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario