domingo, 4 de abril de 2010

PODEMOS!


O Deportivo enfrontase hoxe ao Atlético de Madrid. O partido celebrarase no Calderón, esta noite, por Canal+. Este partido é vital para un Depor que se perdera hoxe, desengancharíase de Europa, pois o Villarreal acaba de gañarlle ao Almería por 0-2.

Filipe Luís adiantase. O lateral do Deportivo, Filipe Luis, presentouse a mañá de onte no campo de entrenamento do Depor, en Abegondo, para ir pouco a pouco acostumandose ao balón e practicando algún tiro. O adestrador do Deportivo, M. A. Lotina, aclarou publicamente o seu medo de ver a Filipe con tan peligrosa práctica a estas alturas da súa recuperación.

Ze Castro e Sergio, completaron sen problemas o adestramento de onte despois de pasar por diversas molestias musculares. Tamén volven aos terreos de xogo Lopo e Aranzubía, que ao igual que Lotina e Ribera estaban sancionados pola LFP.

Esto foi todo por hoxe. Mañá ofrecerémoslles maior cantidade de información deportiva provincial, sen esquecernos do ping-pong. Ata mañá! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario