martes, 2 de marzo de 2010

LASSAD, DE VOLTA.


Lassad Nouioui retomou esta mañá os adestramentos, de momento, iso sí, ao marxe do grupo. O dianteiro nacido en Marsella comprometese a procurar evitar as lesións, e dende logo pretende ir progresando pouco a pouco para poder xogalo todo. Dende o blog Forza Depor desexamoslle unha rápida e doada recuperación.


Juca, de cristal. O medio brasileiro que ata o de agora só pasara por unha lesión dende a súa chegada á Coruña, volve ás andadas cunha microrrotura fibrilar no sóleo da súa perna dereita. O xogador do Deportivo, permanecerá dous largos meses sen volver pisar o terreo de xogo.


Riki, outro xogador lesionado, do conxunto coruñés, atópase agora nun difícil proceso de recuperación da súa lesión que non lle permitirá xogar ate dentro de dúas semanas.


Esta foi toda a información puntual da actualidade deportiva que puidemos ofrecerlles. Esperamos que lles servira para estar ao día sobre o club herculino. Grazas e ata a próxima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario