
Ese é o partido que se xogará esta noite no S.Pizjuán. Co cambio de sistema de Lotina o Depor parece un equipo máis completo. A pregunta de todo aficionado deportivista é... Como pararemos a Navas? Desta volta frente o Sevilla outra vez pero sen Filipe. Lotina pensa en cubrir a Navas con Laure, Antonio Tomás e Guardado que estarán apoiando ao defensa madrileño frente tal ameaza. Xa saben, Sevilla-Depor, S.Pizjuán, 22:00 h. , por La Sexta. Non faltedes.
Tampouco podedes faltar a outra cita da xornada. O torneo de ping-pong que se celebrará, como xa saben en Bastiagueiro, no pabeión María Casares. Comezará ás 16:00. Alí vos esperamos!
Unha vez máis debemos irnos. Pero volveremos mañá co resultado do partido do Depor e por suposto, do ping-pong! Adeus, Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario