sábado, 27 de marzo de 2010

ÁNIMO, DEPOR!


O Deportivo, máis que nunca precisa da nosa axuda. O club coleita xá dúas derrotas que non se debía permitir, e que dende logo permitiulle ao Bilbao roubarnos o posto en Europa. A victoria frente o Tenerife en Riazor foi a última que puido contemplar o equipo de Lotina. Todos os coruñeses desexamos que non fora o final dunha moi boa racha, xusto agora que hai que poñerllo dificil aos outros equipos que nos veñen só a cinco puntos. Pero como bós deportivistas, toda Galiza, confía no Depor. Forza Depor!


Próximo partido mañá. Será frente o Xetafe, rival pola loita por Europa. Denominaremolo, o partido co banquillo sen adestradores, posto que Lotina e Ribera foron expulsados por protestar frente o Sporting e Michel, adestrador do Xetafe máis do mesmo frente o Madrid.


Adrián, Guardado e Lassad, recuperados. Os tres futbolistas entrerán na convocatoria. Todo apunta a que o mexicano sairá de inicio, Adrián... Duda.


O dúo Colo-Colo reúnese. Onte Riazor recibiu unha visita moi especial, ao ver de novo ó que foi xogador do Deportivo durante tres anos, Fabricio Coloccini. Este, atendeu con amabilidade aos medios e deixouse fotografiar polo Depor Sport xunto ó seu compatriota, Colotto. Xuntos gañaron, con vinte anos un mundial coas seleccións inferiores de seu país, Arxentina.


Isto foi todo por hoxe. Recorden o partido de mañá, que enfrontará ao Depor co Xetafe. A loita por Europa. E para os socios tres entradas a cinco euros. Oferta nova de Lendoiro. A apoiar ao Depor! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario