domingo, 21 de febrero de 2010

EN EUROPA.


Ola a todos! Unha vez máis o Deportivo coñece a victoria pola vía rápida. Comecemos!


Deportivo 2- Xerez 1. O mellor do Depor, con claridade Guardado. Do Xerez Mario Bermejo, polo seu gol. Partido facil para o Depor ao principio, posto que no minuto 1 de encontro xa tiña o 1-0. Pouco despois, cara o 7 da primeira parte chega o tanto de Riki só diante do porteiro do club andaluzo. Este tanto convirten a Riki no goleador do Deportivo con catro. No final da primeira parte, malia ir 2-1 e recortar distancias o Xerez seguía preocupado, en concreto Gorosito, o seuadestrador que tivo que ver o partido dende tribuna tras ser expulsado polo colexiado case ao comezo. A segunda parte foi semellante á primeira pero sen goles. A oportunidade máis clara foi o largueiro de Juán Rodriguez. Pouco máis houbo nun partido que condena ao Xerez e empurra ao Depor cara Europa.


Máis oportunidades vai ter o Depor de clasificarse, posto que nesta xornada tamén perdeu o Mallorca frente o Sevilla. Isto faría baixar ao club mallorquín á sexta plaza.


Pero non todo pode ser bó para o club herculino posto que ao finalizar a primeira parte do partido afrontaba xá a segunda sen Riki. O xogador madrileño rematou o primeiro período con molestias onde sufrira a súa lesión anterior. Será baixa frente o Villarreal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario