
Bos días a todos/as! Estamos encantados de volver a estar con vos festexando unha nova victoria frente un equipo dificil. Primeiro pedimosvos mil perdons por non estar con vós o día despois do partido, pero a causa da tormenta non tivemos tempo de actualizar este espazo. De todos os xeitos unha crónica sempre é unha crónica. Imos alá!
Deportivo 1- Racing 0.
Estadio: El sardinero (Santander). 15.000 espectadores.
Arbitro: Javier Turienzo Alvarez. Amarillas: Antonio Tomás, Juan Rodriguez, Sergio, Geigo, Colsa e Crhistian
Partido decisivo para o Deportivo que saiu con gañas de levarse outra victoria fora da casa. Este partido era vital para os homes de Lotina posto que quedarían a un punto da Champions. O encontro estivo coma un mar calmado todo o partido ate os achegamentos do Depor. Comezaron a saír tiros de Riki, Guardado e Sergio perigosos para o Racing. Pero aínda así aguantou. Foise ao descanso cun tranquilo 0-0 pero a plantilla racinguista non sabía o que lle depararía o futuro. Comezou a segunda mitade, o equipo cántabro comeza a crear perigo na área de Aranzubía pero o noso porteiro sálvanos dun destino fatal. E así estivo o encontro ate que, de novo cunha xogada de estratéxia chegou o gol do Depor. Unremate de Lopo dende o chán deulle á victoria ao culb coruñés que agora xoga unha liga diferente ao resto dos equipos. Metémonos na Champions! Un partido dificil para un bó resultado. A ver que pasa hoxe en Riazor! Ata mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario