
Outro día máis e por tanto outro partido máis! Como pasa o tempo! Pero agora falemos da Copa do Rei. E como ben dixemos onte... Hoxe toca celebralo! E que mellor forma de celebralo que con outra cronica? Imos alá!
Deportivo 0- Murcia 0. Estadio Municipal de Riazor. 5.000 persoas.
Incidencias: Volta dos dezaseisavos de final da Copa do Rei. Ida: 0-1.
Arbitro: Teixeira Vitienes. Expulsou a Iñaki Bea min. 73, xogador do Murcia.
Con Manu (porteiro suplente do Deportivo) baixo os tres paus non nos pode pasar nada.
Ese foi o comentario de Lotina xusto antes do partido. E grazas a deus non se equivocaba! O Depor non recibiu ningun gol por parte do conxunto murciano e rematou a eliminatoria con só gol de Lopo na ida. Iso bastoulle ao conxunto coruñés para pasar sin problemas a oitavos de final. Este partido de volta xá non se debeu xogar, posto que o Murcia xa viña destrozado do seu anterior derbi frente o Cartaxena (4-1 en contra) e o Depor no estadio murciano xá hai dúas semanas. O partido de Copa rematou cun aburrido 0-0 con escasas chegadas á portería dos dous equipos. O Deportivo podía deixar morto o partido se Sergio non fallase un claro penalti que pouco antes lle fixeran ao seu compañeiro Adrián. Por esta xogada ao Murcia costoulle tecnicamente o partido. Cun xogador menos nos últimos 15 min. e ca eliminatoria de costas o equipo do Sureste de España só lles quedo apludir, afrontalo e darnos a norabóa.
Se o Depor segue igual na Liga imos cara a Champions! Veña, ata outra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario