sábado, 21 de noviembre de 2009

DEPOR - AT.MADRID


Ola de novo! Traemosvos novas de toda clase.

1º: Gañou o Depor frente o Atletico por dous goles a un.

2º: O xogador do equipo coruñes, Braian Angulo, queda lesionado para toda a liga.

3º: A partir de Marzo do 2010 o blog "Forza Depor" contará tamén coas cronicas dos partidos da seleción española de fútbol.


Diferentes novas para diferentes actualizacións. Pero comecemos coa primeira!


Deportivo 2 - At.Madrid 1.


Goles: 0-1. Agüero adianta no marcador ao equipo madrileño cun tiro cruzado despois dun fallo defensivo de Lopo. 1-1. Colotto cabecea un corner logo de que a pelota rebotase na cabeza de Perea. 2-1. Guardado convirte un penalti dudoso no último minuto do encontro.


Arbitro: Paradas Romero (Comité andaluz). Por parte do Depor viron a amarilla Riki e Mista. Nas filas rojiblancas foron "avisados" : Pablo Ibañez, Paulo Assunçao, Álvaro Dominguez e o Kun Agüero.



Partido positivo para o Depor posto que puido levarse os tres puntos merecidos frente un dificil rival. Xa só a saída dos xogadores ao campo emocionou a todo aquel que posea un corazón blanquiazul. A nosa plantilla dedicoulle este partido en especial a un dos nosos fichaxes veraniegos: Angulo, que ao parecer sufre unha grave lesión que non o permitirá xogar en toda a liga. Logo deste homenaxe comezou o partido. Pouco despois de que o arbitro pitase o inicio do encontro o Kun bautizaba o marcador cun acertado tiro raso co que Aranzubía non contaba posto que anteriormente Lopo perdera o balón no lugar equivocado. A pesar disto o Depor non se rendiu e continuou presionando ata que chegou o gol do empate. Colotto cabecea un corner sacado por Guardado despois de rebotar nun defensa atlético. O partido continuou e continuou e continuou pero ningún dos dous equipos se daba decidido a marcar. entre estes dous primeiros goles houbo ocasions dos dous equipos e achegamentos dos dous clubs, pero ningún daba atinado. Neste tempo o único que se lle ocorreu facer ao colexiado foi comezar a repartir amarillas. Os primeiros en levalas foron dous xogadores herculinos (Mista e Riki) que anvolos dous recibiron ese cartón por tirarse e finxir penalti. O mesmo lle pasou a Pablo Ibañez só que na súa área. Este xogador "cargouse" (literalmente) a Lassad case dentro da liña branca. E así se mantivo o encontro ata o minuto 90 de partido. O partido xá estaba practicamente sentenciado e o público comezaba a irse. O árbitro añadiu 3 minutos. Ninguén sabía que 3 min. daban para tanto. Ao final este colexiado fixo que as gradas de Riazor temblaran sinalando un penalti bastante dudoso á Lopo. Polémica. Os xogadores do Atlético comezaron a protestar (Agüero estivo a piques de dixar K.O. ao árbitro dun puñetazo pero contivose.). Todos griaban, uns de alegría e outros de rabia. Pero todos gritaban. Isto era só unha xornada de liga pero aínda así converteuse en algo parecido ao de Djukic e aquel famoso penalti. Oubo silencio durante un momento en Riazor. Ía a lanzar, ía a marcar e ían a gañar. Lanzou, marcou, e gañamos. Gañamos. Ao final os 3 min. convertéronse en 7. Un inferno para os aficionados colchoneiros e gloria para todos os coruñeses. Un penalti case "inexistente" deunos a victoria. Pero o que conta é que no la deu. Dende aquí para todos os coruñeses...Felicidades! E así despedímonos. Ah! Dende o blog "Forrza Depor" desexamoslle a Angulo a mellor sorte do mundo ca operación e que se recupere. Xa sabedes, a partir de Marzo estaremos tamén con vos nos partidos da seleción. Un abrazo e ata outra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario